Entradas

Bautismo de surf

Imagen
Pechamos este curso escolar cun día fantástico de surf na praia de Bastiagueiro con alumnos/as de 3º ESO, seguro que se animan a repetir esta marabillosa experiencia nas súas vacacións de verán. PICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Kayak en Pontedeume

Imagen
Esta vez tocoulles aos alumnos de 4º ESO gozar dun fermoso día de sol e praia en Pontedeume, onde realizaron unha actividade de kaiak pola ría. PICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Visitamos o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa

Imagen
O alumnado de 1º da ESO pasou un día espectacular coñecendo o mosteiro de Carboeiro e os seus arredores, ademais de percorrer varias rutas de sendeirismo ata a impresionante fervenza do Toxa. Preme para ver as fotos

De sendeirismo e kaiak polo Mandeo

Imagen
Os alumn@s de 1º de bacharelato gozaron dunhas xornadas estupendas na natureza na contorna do río Mandeo (Betanzos), facendo unha actividade completa de sendeirismo e kaiak. Se picas na imaxe da descrición técnica de cada actividade poderás acceder ás fotos. FOTOS SENDEIRISMO FOTOS KAIAK

Bautismo de surf

Imagen
Desta volta, os alumnos de 1º de bacharelato veñen de desfrutar dunhas espectaculares xornadas de iniciación o surf, seguro que moitos deles repiten a experiencia!! O resto de fotos tédelas facendo click en cada unha das fotos de grupo. 1º A e 1º B 1º C e 1ºD

Máis rápidas, máis altas, máis fortes!!

Imagen
Esta semana os alumn@s de 2º da ESO do noso instituto estiveron participando no programa "Máis rápidas, máis altas e máis fortes", coñecendo e practicando o judo. Este programa ten por obxectivos principais  que as rapazas e os rapaces tomen conciencia da importancia de practicar deporte e da ampla oferta de disciplinas polas que poden optar na Coruña.

Unha vez terminadas as Ligas, volven os Recreos Activos con novas actividades

Imagen
Seguimos gozando dos recreos dunha forma activa, novas actividades, nova organización, pero o mesmo obxectivo: pasalo ben e non deixar de movernos! A continuación, déixovos a programación dos Recreos Activos para as próximas semanas de curso, quen se anima? Ademais, nas próximas semanas iremos engadindo unha serie de actividades organizadas polos alumn@s de bacharelato, debedes estar atentos e anotarvos canto antes nas listaxes da cortiza do pavillón, xa que a capacidade será limitada!!

Parabéns aos campións das Ligas dos Recreos Activos

Imagen
Hoxe entregáronse os premios aos equipos campións das ligas dos "Recreos Activos do Monelos".  Felicitar tamén ao resto de participantes polo seu excelente comportamento e deportividade demostrada ao longo de toda a competición. GRAZAS A TODO S POLO VOSO ESFORZO E COLABORACIÓN !!! ASTON BIRRAS (CAMPIÓNS FUTSAL) OAR F.C (CAMPIÓNS BALONCESTO 3X3) LOS WALTERS (CAMPIÓNS VOLEIBOL 3X3) TEAM POLAR (CAMPIÓNS FUTSAL) SALCHICHÓN (CAMPIÓNS DATCHBALL)

Funcionamento das Ligas dos Recreos Activos

Hoxe deron comezo as ligas dos recreos activos, a continuación podedes atopar información importante para o bo funcionamento das mesmas. "MOITA SORTE A  TOD@S". VOLEIBOL 3X3 (MARTES). MÍNIMO 2 XOGADORES. Partidos   autoarbitrados ao mellor de 3 sets (25   pts, sempre con diferenza de 2). Xógase nos 2 recreos (15’x2   aprox.). Cando un equipo gaña o partido comunica resultado e poden seguir xogando libre ou abandonar o pavillón. Partido gañado suma 2   pts. En caso de empate (1 a 1 sets), gaña o equipo que máis xogos gañase en total ao final do 2º recreo. FUTSAL 5X5 (MÉRCORES E VENRES). MÍNIMO 4 XOGADORES. Os partidos serán arbitrados polo equipo designado e duran 15’-17’ aprox. (ser puntuais). Acabado o tempo, o equipo que gaña suma 3   pts, en caso de empate 1 e se perde 0. Regulamento básico: Saque de falta, banda, medio ou esquina co pé e balón parado. Se se pide distancia hai que esperar a que pite o árbitro para sacar. Saque de portería coa man tendo que botar o ba

Sendeirismo polas Fragas do Eume

Imagen
Onte os alumnos de 1º de ESO do noso instituto, puideron gozar da natureza no seu maior esplendor facendo un roteiro polas  Fragas do Eume. Aquí déixovos a ligazón do roteiro que podedes ver e descargar en  Wikiloc Para ver as fotos desta bonita xornada fai clic sobre a imaxe...