Funcionamento das Ligas dos Recreos Activos

Hoxe deron comezo as ligas dos recreos activos, a continuación podedes atopar información importante para o bo funcionamento das mesmas. "MOITA SORTE A  TOD@S".

VOLEIBOL 3X3 (MARTES). MÍNIMO 2 XOGADORES.

  • Partidos  autoarbitrados ao mellor de 3 sets (25 pts, sempre con diferenza de 2). Xógase nos 2 recreos (15’x2  aprox.).
  • Cando un equipo gaña o partido comunica resultado e poden seguir xogando libre ou abandonar o pavillón.
  • Partido gañado suma 2 pts. En caso de empate (1 a 1 sets), gaña o equipo que máis xogos gañase en total ao final do 2º recreo.

FUTSAL 5X5 (MÉRCORES E VENRES). MÍNIMO 4 XOGADORES.

  • Os partidos serán arbitrados polo equipo designado e duran 15’-17’ aprox. (ser puntuais).
  • Acabado o tempo, o equipo que gaña suma 3 pts, en caso de empate 1 e se perde 0.
  • Regulamento básico:
    • Saque de falta, banda, medio ou esquina co pé e balón parado. Se se pide distancia hai que esperar a que pite o árbitro para sacar.
    • Saque de portería coa man tendo que botar o balón en campo propio. Se o balón non saíu por liña de fondo, o porteiro poderá sacar coa man a calquera parte do campo, saír en condución co balón no pé da área ou golpear o balón co pé.
    • O porteiro pode saír da área en todo momento e xogar co pé, 4” no seu propio campo e o que queira en campo contrario.
    • Se lle pasamos o balón ao porteiro, aínda que estea dentro da área, non pode collela coa man, debe xogar co pé, se non é cesión e será libre indirecto para o equipo contrario. O mesmo sucede se lle pasamos o balón 2 veces sen pasar o balón de medio campo ou tocala algún rival. O libre indirecto sácase desde fóra da área no punto máis próximo onde tocou o balón o porteiro.
    • O equipo que realice 5 faltas será avisado que a seguinte falta será dobre penalti (10 m) sen barreira.

DATCHBALL 6X6 (XOVES 1º RECREO). MÍNIMO 5 XOGADORES

  • Os partidos serán arbitrados polo equipo designado e duran 15’-17’ aprox. (ser puntuais).
  • Acabado o tempo, o equipo que gaña suma 2 pts. e o que perde 0.

BALONCESTO 3X3 (XOVES 2º RECREO). MÍNIMO 2 XOGADORES

  • Os partidos xogaranse en ½ campo e serán  autoarbitrados. Durarán 15’-17’ aprox. (ser puntuais).
  •  Acabado o tempo, o equipo que gaña suma 2 pts, en caso de empate 1 e se perde 0.
  • Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír máis aló da liña de tripla antes de poder anotar. Se anotasen sen saírse da liña de tres, a canastra non valerá e a posesión será para o outro equipo. Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e iníciase o xogo desde detrás da liña de medio campo cun pase.
  • As loitas (cando dous xogadores contrarios suxeitan o balón) resolveranse alternando a posesión do balón.
  • As faltas sacaranse de banda, agás se un xogador está en situación clara de tiro, nese caso, esta sancionarase con dous tiros libres.

OS EQUIPOS QUE NON SE PRESENTEN A XOGAR OU O FAGAN CUN Nº INSUFICIENTE DE XOGADORES (MÍNIMO 2 EN VOLEIBOL E BALONCESTO, 4 EN FUTSAL E 5 EN DATCHBALL), DARÁSELLES O PARTIDO POR PERDIDO E SERÁN SANCIONADOS COA PERDA DE PUNTOS NA CLASIFICACIÓN XERAL. EN CASO DE REPETIRSE ELIMINARASE AO EQUIPO DA COMPETICIÓN. O MESMO SE NON SE PRESENTAN OS ÁRBITROS O DÍA MARCADO.

CANDO UN EQUIPO NECESITE APRAZAR UN PARTIDO POR MOTIVOS XUSTIFICADOS, DEBERÁ FACELO COA SUFICIENTE ANTELACIÓN AVISANDO AO PROFESOR ORGANIZADOR E AO RESTO DE EQUIPOS IMPLICADOS.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis rápidas, máis altas, máis fortes!!

Sendeirismo polas Fragas do Eume

Bautismo de surf