O alumnado de 1º da ESO pasou un día espectacular coñecendo o mosteiro de Carboeiro e os seus arredores, ademais de percorrer varias rutas de sendeirismo ata a impresionante fervenza do Toxa. Preme para ver as fotos
Os alumn@s de 1º de bacharelato gozaron dunhas xornadas estupendas na natureza na contorna do río Mandeo (Betanzos), facendo unha actividade completa de sendeirismo e kaiak. Se picas na imaxe da descrición técnica de cada actividade poderás acceder ás fotos. FOTOS SENDEIRISMO FOTOS KAIAK
Hoxe deron comezo as ligas dos recreos activos, a continuación podedes atopar información importante para o bo funcionamento das mesmas. "MOITA SORTE A TOD@S". VOLEIBOL 3X3 (MARTES). MÍNIMO 2 XOGADORES. Partidos autoarbitrados ao mellor de 3 sets (25 pts, sempre con diferenza de 2). Xógase nos 2 recreos (15’x2 aprox.). Cando un equipo gaña o partido comunica resultado e poden seguir xogando libre ou abandonar o pavillón. Partido gañado suma 2 pts. En caso de empate (1 a 1 sets), gaña o equipo que máis xogos gañase en total ao final do 2º recreo. FUTSAL 5X5 (MÉRCORES E VENRES). MÍNIMO 4 XOGADORES. Os partidos serán arbitrados polo equipo designado e duran 15’-17’ aprox. (ser puntuais). Acabado o tempo, o equipo que gaña suma 3 pts, en caso de empate 1 e se perde 0. Regulamento básico: Saque de falta, banda, medio ou esquina co pé e balón parado. Se se pide distancia hai que esperar a que pite o árbitro para sacar. Saque de portería coa man t...
Comentarios
Publicar un comentario