Arrincamos cos torneos despois do Nadal, aquí tedes toda a información!!



NORMATIVA XERAL:

  1. Os días de competición, SÓ poderán acceder ao pavillón os equipos que van xogar/arbitrar.
  2. As competicións desenvolveranse en formato liga a 2 voltas, sendo campión o equipo que máis puntos teña ao finalizar a mesma.
  3. Os equipos campións de cada competición obterán un premio.
  4. Os partidos serán  autoarbitrados (1 xogador de cada equipo) ou arbitrados por 2 xogadores do equipo designado. De igual maneira encargaranse de levar o control de puntos e indicalos ao finalizar cada partido ao profesor correspondente para o seu rexistro.
  5. O regulamento utilizado para arbitrar será o oficial de cada deporte, coas modificacións introducidas polo tipo de competición (nº xogadores, espazo…).
  6. As aclaracións e dúbidas sobre regulamento e sistema de puntuación resolveranse na primeira xornada de competición.
  7. Será responsabilidade dos xogadores estar pendentes do calendario de competición, por se sufrise modificacións.
  8. Os equipos que non se presenten a xogar ou o fagan cun nº insuficiente de xogadores, daráselles o partido por perdido e serán sancionados coa perda de 3  pts na clasificación xeral. O mesmo para os equipos que non presenten aos seus árbitros nos partidos para os que foron designados.
  9. Cando un equipo necesite aprazar un partido por motivos xustificados, deberá facelo coa suficiente antelación avisando ao profesor organizador.

SANCIÓNS:

O incumprimento das normas e as actitudes negativas serán motivo de expulsión da instalación:

  • A 1ª expulsión supoñerá non poder participar durante 15 días na competición.
  • A 2ª expulsión supoñerá a expulsión definitiva da devandita competición.
  • Se un equipo mostra actitudes claramente contrarias ao XOGO LIMPO, pode ser expulsado da competición.

Ademais, das sancións anteriores, se se estraga o material ou a instalación de forma intencionada, deberase repoñer e correr cos gastos ocasionados.

A continuación, déixovos os calendarios de competición dos diferentes torneos que se van a celebrar, lembrade que poden sufrir modificacións ao longo do curso: FUTSAL; BALONCESTO3X3; VOLEIBOL 3X3 e  DATCHBALL

Comentarios

Entradas populares de este blog

Máis rápidas, máis altas, máis fortes!!

Sendeirismo polas Fragas do Eume